publicidade hoxe

O Concello de Bueu adxudica a Nexia as obras dos pluviais da rúa Johán Carballeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A obra de mellora de pluviais na rúa Johán Carballeira superou todas as expectativas en canto á participación de empresas no proceso de licitación. Das 34 ofertas presentadas, finalmente o Concello adxudicou a obra á empresa Nexia, por un importe de 31.347 euros, IVE incluído. Esta obra ten unha importancia clave,  pois pretende poñer fin a algúns dos principais problemas derivadas das chuvias destes meses. Así o resaltara o alcalde Félix Juncal na reunión mantida o pasado 28 de decembro cos veciños da urbanización das Lagoas e da rúa Johán Carballeira.

As obras consistirán na apertura de tres gabias na Rúa Montero Ríos para a conexión das renovadas redes de saneamento de augas pluviais da Rúa Johán Carballeira. Trátase da colocación de dous pozos de rexistro e colectores de saneamento enterrado para levar as augas pluviais ata o novo punto de vertedura, un colector cun diámetro de 83 centímetros na súa parte máis alta na recta final da desembocadura, que supera en capacidade ao actual, de 63 centímetros. Para o acometemento destas obras, o Concello dispón desde o 2009 dun convenio de colaboración co ente público de Portos de Galicia.

17 de febreiro de 2016 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.