publicidade hoxe

O concelleiro delegado de emerxencias da Guarda mantivo unha reunión con responsables da CIG e do GES

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O concelleiro delegado de emerxencias  do concello da Guarda, Miguel A. Español, mantivo una reunión co Secretario da unión local da CIG, Serafín Fernández e  con un membro do GES, que o mesmo tempo pertence o comité de empresa co obxecto de informar aos responsables sindicais do estado en que se atopan diversas demandas realizadas polo comité de empresa ao equipo de goberno  relacionadas con  material para o servizo de emerxencias que presta o  GES así como, a dotación de distintos EPIs ( Equipos de protección individuais)  para a realización do seu traballo.

Con respecto ao material, o Concelleiro informou aos representantes sindicais de que en breve lle será entregado ao Concello da Guarda, por parte da Dirección Xeral de Emerxencias,  un novo equipo de excarceración para o GES así como varios equipos ERA (equipos de respiración autónoma). Este material, xunto con outro, había sido solicitado por parte do concello da Guarda á citada Dirección Xeral dentro do programa europeo ARIEM 112.

Con respecto aos EPIs trasladoulles que en poucos días se proporcionará a cada un dos membros do GES de un novo traxe de parque e diversas prendas de traballo, comprometéndose tamén a xestionar en un período de tempo razoable a adquisición duns novos equipos de comunicación.

A Guarda conta tamén dende fai pouco con un remolque para labores de Protección Civil e Emerxencias, un novo vehículo PIC UP e o próximo día 5 lle será entregada una nova embarcación Zodiac para labores de salvamento. 

1 de febreiro de 2016 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.