O Cenor Obradoiro xa coñece aos seus rivais de Minicopa Endesa
O equipo infantil Cenor Obradoiro prepárase para a Minicopa Endesa tras coñecer hoxe aos seus rivais. Os equipos que compartirán Grupo B con eles son: o FIATC Joventut, a Valencia Basket e o Gran Canaria.
O venres 19 o equipo inaugurará a súa competición ante o FIATC Joventut (12.00), mentres que o sábado 20 terá dobre enfrontamento: pola mañá (10.00) ante Valencia Basket, e pola tarde (16.30 horas) ante Gran Canaria.
Por outra banda, o outro grupo baterá ao actual campión Real Madrid, ao Unicaja, ao FC Barcelona Lassa e ao Movistar Estudiantes.Dos catro equipos de cada grupo, só o que se clasifique primeiro poderá pisar o parqué do Coliseum o domingo (12.15) na gran final.
Nesta 13ª edición da competición, a ACB e Endesa resaltan a calidade deportiva que se verá sobre as pistas de ExpoCoruña e do Coliseum, ao ser a primeira vez que todos os equipos de canteira dos de Liga Endesa participan nunha fase previa, salvo o actual campión e o anfitrión.
Copa Fan Zone Movistar+
Os eventos satélite ao gran espectáculo do baloncesto profesional na Coruña non quedan aí. A organización habilitará a copa Fan Zone Movistar +, punto de encontro e entretemento no recinto feiral ExpoCoruña, situado a apenas uns metros.
Con entrada gratuíta, descargable en ACB.COM e CopadelReyacb.com os afeccionados poderán atopar unha caseta do Rio Natura Monbus Obradoiro, no que ademais de gozar da animación de Cenor Electrodomésticos, poderán facerse coa Camiseta Fan Estrella Galicia, con entradas para os próximos partidos ligueiros ou con outros produtos da tenda oficial do club, como a bufanda oficial para o #Copadoiro.
Ademais, o primeiro persoal do club visitará a Fan Zone durante a competición.











