publicidade hoxe

O alcalde da Cañiza reúnese con Feijóo para presentarlle o traballo desenvolvido neste último ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
O alcalde da Cañiza na reunión con Feijóo

O alcalde da Cañiza na reunión con Feijóo

Nesta reunión que se celebrou o pasado martes, 9 de febreiro, o Alcalde expuso os avances acadados o ano pasado necesarios para continuar mellorando a calidade de vida dos cañicenses. Ademáis presentoulle as grandes liñas de actuación que dende a Alcaldía se seguirán este ano, encamiñadas todas elas á mellora do entorno rural e a cobertura das necesidades dos veciños.

Nesta reunión o Alcalde fixo un repaso pormenorizado de todas as visitas que nestes últimos tres meses realizou a  todas as Consellerías, explicando unha por unha as problemáticas existentes en cada área así como as posibles solucións. O Presidente Alberto Núñez comprometeuse a que a Xunta cofinancie ao longo deste novo ano algunas destas actuacións por consideralas prioritarias, asumindo nalgúns casos o cen por cen do coste, executándose a través das consellerías correspondentes. Asemade outras obras serán realizadas a través de convenios.

10 de febreiro de 2016 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.