publicidade hoxe

Medio Ambiente colaborará na mellora das infraestruturas de saneamento en varios núcleos de Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecente
A-
A+
Europa Press
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Crecente. Foto: C. Paz

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Crecente. Foto: C. Paz

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle ao alcalde de Crecente, Julio García Luengo, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello na mellora das infraestruturas de saneamento e abastecemento en varios puntos do municipio.

Así llo trasladou no transcurso dunha reunión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, na que tamén participou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, na que analizaron a situación actual da rede de abastecemento e acordaron definir as necesidades máis urxentes.

A conselleira confirmoulle a colaboración de Augas de Galicia en varios proxectos de obra menor de abastecemento, para os que xa se están a iniciar os trámites administrativos, co fin de poder comezar a execución das obras canto antes, toda vez se determinen os primeiros puntos nos que actuar.

Asemade, na reunión tamén abordaron a situación do saneamento de Crecente, concretamente nas parroquias de Ameixeira e Sendelle. A conselleira sinalou que Augas de Galicia tamén colaborará nesta materia, para o que será necesario establecer un marco de colaboración para a redacción do proxecto e, posteriormente, poder licitar esta actuación de saneamento.

26 de febreiro de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.