publicidade hoxe

Medio Ambiente acondicionará a Praza do Campo da Feira de Cortegada por 150.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegada
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle esta mañá ao tenente de alcalde de Cortegada, Víctor González, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello no acondicionamento da Praza do Campos da Feira no Concello de Cortegada.

Mato Otero indicoulle que se tratará dunha actuación que se inclúe dentro do programa Plan hUrbe da Xunta de Galicia, que busca promover e apoiar actuacións que perseguen recuperar os espazos de encontro dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no medio rural. Indicoulle que será necesario asinar un convenio de colaboración no que se establecerán as obrigas e deberes de cada administracións asinante e no que se blindarán os case 150.000 euros que implica esta actuación.

Tal e como trasladou o alcalde á conselleira, na actualidade esta praza ten dúas alturas e elévase sobre a cota da vía pública de acceso, o que fai que non sexa un espazo funcional para os veciños e que presenta limitacións de accesibilidade.

Coa execución desta actuación, este emprazamento de 1.350 m2 no concello garantirá un espazo acondicionado para a celebración de feiras e exposicións, así como espectáculos públicos. As obras e traballos necesarios quedarán recollidos no convenio de colaboración que permitirá a licitación desta actuación, que ao seu remate dotará a esta praza de acabados necesarios tamén para usos deportivos.

25 de febreiro de 2016 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.