Martiño Noriega avoga por non pechar ningunha porta de diálogo co BNG
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, defendeu que, a pesar de que as directrices coas que parte o BNG tras a Asemblea deste domingo non son favorables á confluencia, non se pode “pechar ningunha porta” e mostrouse partidario de “deixar tempo á nova dirección”, con Ana Pontón como portavoz nacional, “a que empece a funcionar”.
En declaracións aos medios, despois de que Pontón garantise que haberá papeleta nacionalista” nas próximas eleccións autonómicas, Noriega constatou que parece que Noriega “non sinala o camiño” da confluencia, pero advertiu que “non hai que pechar ningunha porta”, senón “deixar tempo” á nova dirección, para testar “se hai vontade ou non de seguir ampliando o espazo de acumulación de forzas.
“Si que é certo que nas primeiras declaracións de intencións este non parece ser o camiño, pero creo que é un proceso de diálogo que non hai que pechar neste momento en ningún caso”, aseverou.











