López-Chaves reúnese cos comerciantes do contorno de Pizarro
O delegado territorial da Xunta en Vigo, reuniuse esta mañá con representantes dos comerciantes do ámbito de Pizarro afectados polo traslado do complexo hospitalario do Xeral, para valorar a iniciativa da Xunta de Galicia de situar nesa instalación a Cidade da Xustiza.
Ignacio López-Chaves manifestou aos asistentes na xuntanza “a oportunidade histórica de ter no centro da cidade una instalación con todas as dependencias xudiciais”, ata o momento situadas na rúa Lalín. Una iniciativa que foi aceptada o pasado venres e por unanimidade por todos os representantes da xudicatura que xa manifestaron, na reunión mantida co vicepresidente da Xunta o seu apoio e conformidade.
O delegado destacou esta mañá ante os comerciantes que “a intención é recuperar o contorno e volver a darlle vida, esperando contar coa conformidade das administracións involucradas como son Concello de Vigo e a Seguridade Social”, “existe suficiente partida orzamentaria e vontade da Xunta de Galicia en facer realidade este proxecto”.
A concentración dos xulgados na torre do Xeral facilitaría no seu entorno a instalación de despachos e oficinas de avogados, de procuradores, xestorías e asesorías, e todo tipo de actividade relacionada coa xustiza, que revitalizaría a zona.
Este proxecto sae á luz despois da sentenza de anulación do plan xeral, e a negativa de AGE de modificar a Lei do solo. Precisamente neste tempo transitorio de incerteza é cando a Xunta de Galicia expón esta posibilidade, despois de estudala e valorar as condiciones do edificio. “se hai colaboración o proxecto sairá adiante”, “se o Concello e a Tesourería dan o visto e prace sairá adiante e se polo contrario din que non, seguiremos onde nos atopamos”, sentenciou o delegado.
Pola súa banda a portavoz dos representantes dos comerciantes, Rosa Vello, valorou moi positivamente esta idea onde dixo “gañamos todos, daría vida a todo Vigo, o edificio non quedaría abandonado, todos estamos de acordo en aproveitar o edificio e fainos moita ilusión, iso nos permitiría recuperar comercios que pecharon”. “Ata o de agora achegamos ideas para darlle vida ao edificio baleiro e agora é a Xunta a que toma a iniciativa de darlle este destino”.











