López-Chaves reúnese co presidente de AETRAVI para facilitarlle a información do proxecto do traslado dos xulgados ao Xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, reuniuse esta mañá cos representantes da Asociación de Comerciantes das Travesas (AETRAVI), co obxectivo de informarlles da situación do contorno dos xulgados da rúa Lalín, que, co proxecto presentado nas últimas horas polo vicepresidente da Xunta ao alcalde de Vigo, trasladaranse ao edificio do Xeral na zona de Pizarro.

Ignacio López-Chaves, informou da xuntanza entre Xunta e Concello, onde o alcalde de Vigo mostrouse “proactivo” coa proposta feita. As dúas partes consideran un elemento importante o destino a dar aos dous edificios da rúa Lalín. Precisamente, e tendo en conta que o prazo marcado inicialmente para acometer, o proxecto remataría dentro de tres anos polo que hai tempo para achegar ideas e definir os usos.

O delegado quixo destacar a anticipación mostrado por AETRAVI coa situación do traslado e así poder formar parte dende o comezo aportando as súas ideas e involucrándose co proxecto. Neste senso, Ignacio López-Chaves dixo que “hai que traballar xuntos para atopar a mellor finalidade”.

Durante estes 3 anos a actividade será plena nunha zona que non debe perder a súa categoría de centro neurálxico comercial da cidade, onde se xuntan espazos de lecer, deportivos, administrativos e residenciais. Por este motivo, a Xunta de Galicia, escoitará todas as propostas que se poñan na mesa para acadar un consenso de todas as partes involucradas.

Pola súa banda o presidente de AETRAVI, Victorino Misa manifestou “estar expectantes, e traballar na proposta, para continuar sendo unha zona dinámica da cidade”.

19 de febreiro de 2016 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.