Intensa actividade deportiva no RCN Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

Intensa actividade durante o fin de semana no RCN Coruña, que comezaba o venres ás 19.30 horas cunha charla – coloquio sobre as novidades no sistema de clasificacións para o 2016, impartida por Rafael Bonilla, técnico de Cruceiros da Real Federación Española de Vela.

Na xornada do sábado celebrouse a primeira xornada do Trofeo de Inverno para as clases Cruceiro e J80, cun vento do sur racheado, moitos chuvascos e mar de fondo de 3 metros de onda, percorrido complicado para a flota que viraron unha baliza na entrada da ría de Ferrol e volver a Coruña en cinguida. A empopada foi moi complicada porque ao vento racheado do sur enfrontábase o mar de fondo do norte, dificultando moito a navegación, nos momentos que o vento alcanzaba os 25 nós o “Riás” de Ramón Carnota e o “X-Grog” de Ricardo Vara rompían os spinnakers perdendo opcións á vitoria na proba. Boa regata do “Gómez” de Andrés Soto, que se imporía na xornada. A Clase J80 navegaría 3 probas tipo barlovento-sotavento no interior de bahía coruñesa, cunhas mellores condicións que os cruceiros. Dura loita entre o “Mariña Coruña” e o “Biba” patroneados por Pablo Martínez e Miguel Fernández respectivamente, que loitaron en todo momento pola vitoria.

Na xornada do domingo navegaron os J80s, completando 3 probas tipo barlovento-sotavento, con mellores condicións que o día anterior, e na que se impuxo o “Mariña Coruña” de Ferreiro-Tourón-Etcheverría e lidera a clasificación xeral.

Destacar tamén a participación dunha expedición do equipo de optimist do RCN Coruña formada por Jimena Fernández, Marta Tábara e Lola Felgueroso, co seu adestrador José Ramón Pardo, que participaron na REGATA INTERNACIONAL DE TORREVIEJA, na que navegaron máis de 350 regatistas de todo o mundo. A mellor regatista clasificada foi Jimena Fernández dentro do grupo Prata. Este desprazamento sérvelles de adestramento de face ao Campionato Galego da clase que se celebrará na ría de Pontevedra este fin de semana.

1 de febreiro de 2016 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.