publicidade hoxe

Guillermo Campos e Queta Molas impartirán unha conferencia sobre gastronomía do Entroido no Ateneo Santa Cecilia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O Ateneo Santa Cecilia de Marín xa está plenamente imbuído no Entroido cun programa de actividades que comezou esta semana coa exposición “Enterro da sardiña: Marín, 2000” que, ata o 14 de febreiro, presenta material gráfico cedido polo prestixioso fotógrafo José Gago. Neste Venres do Ateneo os invitados serán o xornalista Guillermo Campos e a dinamizadora cultural Queta Molas, que ofrecerán unha charla sobre a gastronomía do Entroido, a partir das 20:00 horas, con entrada libre.

Por outra parte, este Martes de Entroido celebrarase o Concurso de Filloas e Orellas organizado polo Ateneo, en colaboración co Concello de Marín. As bases están dispoñibles no Ateneo Santa Cecilia e tamén se poden consultar na páxina de Facebook da entidade. O Entroido marinense tocará ao seu fin co Enterro da Sardiña, o mércores 10. O Ateneo Santa Cecilia fai un chamamento á veciñanza para que colabore nos actos, acudindo ao local do Ateneo, na rúa Caracol, para inscribirse.

4 de febreiro de 2016 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.