Éxito do club de atletismo MillaRaio en distintas disciplinas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesDeportes
A-
A+

O pasado sábado, 13 de febreiro, celebrouse en Ribadavia a primeira edición do campionato galego de cross por relevos mixto, onde o club atletismo MillaRaio logrou proclamarse campión galego en categoría infantil, subcampión en categoría benxamín, e o que é máis importante, foi o equipo con maior representación cun total de 10 equipos e 40 nenos e nenas.

Ese mesmo día na Pobra do Caramiñal disputouse o campionato galego de marcha en ruta a onde se desprazaron 5 atletas do club realizando unha gran actuación que tivo o seu colofón co título de campión galego cadete de Roberto Vieiro.

A estes éxitos hai que engadir o acadado a pasada semana no campionato galego cadete de combinadas celebrado en Lugo, onde Víctor Mosteiro logrou un merecido subcampionato galego e onde a expedición de 6 atletas enviada polo club colocou a 4 de eles entre os 10 primeiros sumando as categorías masculina e feminina. 

Segundo indican dende o club atletismo MillaRaio “seguimos crecendo e pouco a pouco acadando resultados en tódalas disciplinas do atletismo, e sobre todo aprendendo e divertíndonos”.

17 de febreiro de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.