publicidade hoxe

Entrégase o xoven buscado pola agresión ao dono dun ciber en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínSucesos
A-
A+
Europa Press

O mozo ao que buscaba a Policía Nacional pola súa suposta relación coa morte de J.P.M., o dono dun cíber en Marín que faleceu tras unha agresión no seu local, entregouse este venres na Comisaría desta localidade pontevedresa.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o mozo, investigado por un delito de homicidio imprudente, pasou xa a disposición do Xulgado Mixto número 1 de Marín e foi posto en liberdade coa obriga de comparecer cada 15 días.

A Policía apuntou que este cuarto implicado, ao igual que os outros detidos polo suceso, é veciño do poboado de O Vao. O mozo fuxira do lugar dos feitos no mesmo turismo de alta gama no que marcharon os outros detidos tras a agresión.

Esta detención súmase a outras tres realizadas no marco da investigación por este suceso. En concreto, a Policía detivo en días anteriores a dous menores e a outro mozo maior de idade que, tras comparecer ante a xuíza, foi posto en liberdade coa obriga de comparecer cada 15 días. Este último está sendo investigado por un delito de lesións e outro de rifa tumultuaria.

FEITOS

Os feitos aconteceron sobre as 15.00 horas do martes 9 de febreiro, cando os mozos golpearon o propietario do cíber despois de que este se negase a gravar un CD. No medio da agresión, o home, de 61 anos, caeu ao chan e sufriu un forte golpe na cabeza, polo que morreu este xoves no hospital.

O resultado preliminar da autopsia determina que a vítima faleceu a consecuencia dun traumatismo craneoencefálico compatible coa caída.

12 de febreiro de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.