publicidade hoxe

Economía, Emprego e Industria impulsa a mellora no polígono de Afieiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+
Ángel Bernardo Tahoces en Moraña

Ángel Bernardo Tahoces en Moraña

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, no labor de cooperación que desenvolve cada ano coas administracións locais, está a colaborar cos concellos na habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos. Neste contexto, e tal e como resaltou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, durante a súa visita ao polígono industrial de Afieiras, o programa permitiu o ano pasado mellorar a competitividade do parque cunha actuación centrada na mellora dos seus viais.

Así, salientou Bernardo Tahoces, a colaboración entre ambas administracións ten facilitado o impulso dun proxecto que mobilizou preto de 85.000 euros, mellorando as infraestruturas viarias do parque e, por ende, incrementando a competitividade das empresas asentadas no mesmo.

O director xeral de Enerxía e Minas, que estivo acompañado pola alcaldesa da localidade, Luísa Piñeiro, e polo delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, resaltou a importancia dunha orde que desde o 2009 ten permitido desenvolver na provincia 52 proxectos que suman máis de 4,5 millóns, contribuíndo ao impulso da competitividade do tecido empresarial pontevedrés.

Neste contexto, Bernardo Tahoces salientou que está aberta unha nova convocatoria que suma preto de 4 millóns, podendo os concellos interesados presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 22 de febreiro. A liña achega, un ano máis, apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Así mesmo, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida.

A través desta liña promóvense diferentes accións que abarcan á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos, vías de acceso aos parques empresariais, instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia, ou sistemas contra o roubo de cables.

O obxectivo, como apuntou o director xeral, e facer accesible aos municipios a posta en marcha de actividades que aumentan a calidade do solo industrial, co obxectivo de mellorar as infraestruturas que se lle ofrecen ás industrias para que se instalen en Galicia xerando riqueza e postos de traballo.

12 de febreiro de 2016 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.