publicidade hoxe

Cultura e Educación participa nos actos de homenaxe a Eduardo Pondal en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+
Anxo Lorenzo nun dos actos de homenaxe. Foto: M. Fuentes

Anxo Lorenzo nun dos actos de homenaxe. Foto: M. Fuentes

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, para conmemorar o 181º aniversario do escritor.

Alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, vila natal do escritor, compartiron esta celebración, que contou con diversas actividades para lles achegar aos nenos e nenas a través da música e da palabra a figura e a obra do poeta.

A Consellería de Cultura e Educación vén colaborando coa Fundación Eduardo Pondal na programación cultural desenvolvida pola entidade para a difusión e posta en valor dun dos poetas máis sobranceiros da literatura galega.

4 de febreiro de 2016 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.