publicidade hoxe

Cores Tourís analiza os danos acusados polo último temporal na Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Cores Tourís na visita ao concello da Lama

Cores Tourís na visita ao concello da Lama

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizou esta mañá co alcalde da Lama, Jorge Canda, os danos causados polos últimos temporais no municipio e que danaron de xeito grave varias estradas de acceso a núcleos rurais deste concello.

Na reunión mantida esta mañá, estivo tamén presente o xefe territorial de Infraestrutura e Vivenda, José Luis Díez.

O alcalde da localidade aportou así ao delegado territorial un informe con tódolos danos causados polas trombas de auga caídas durante os dous primeiros meses do ano. Así, os principais danos atópanse no camiño de acceso ao Pazo en Gaxate, onde as fortes choivas orixinaron riadas que fixeron que se levantara o firme, quedanto totalmente intransitable. Tamén resultou danado o acceso á aldea de Gaxate, creando unha situación de risco para os veciños e os vehículos que o transitan. O camiño de acceso ás Rañas nesta parroquia tamén se viu afectado xa que as fortes choivas provocaron que se levantara o firme dificultando o uso do camiño.

O mesmo sucedeu no acceso ao Pereiral en Gaxate, aínda que o seu estado é peor xa que se atopa intransitable. En Santa Ana as fortes choivas orixinaron riadas que arrastraron gran cantidade de escombro e levantaron o firme, como tamén ocorreu no acceso á Muiños,, onde se taponou un tubo de canalización de augas pluviais o que axudou a que se deteriorara o estado do firme.

No monte comunal da Lama, segundo apuntou o alcalde desta localidade, tamén se produciron importantes riadas xa que non hai ningún sistema de canalización de pluviais, e a auga acaba inundando fincas e viais municipais.

Estes danos, cifrados nuns 100.000 euros complétanse cos sufridos na estrada que enlaza Xende co casco urbano e que supuxeron o desenterro completo da nova tubaxe da condución do abastecemento de auga da Lama. Os danos prolongáronse ao longo de máis de cen metros. Tamén naquel entonces danouse a estrada que dá acceso ao lugar de Fontecova, onde a forza da auga levantou o pavimento e levouse o asfaltado. O concello levou a cabo traballos de derivación dos canles tradicionais por onde descorre a auga procedente do monte para evitar que volvese a auga a erosionar esta zona.

26 de febreiro de 2016 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.