publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís analiza co alcalde de Poio os detalles finais das futuras sendas na PO-308 ao seu paso por Raxó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+
Reunión do alcalde de Poio con Cores Tourís

Reunión do alcalde de Poio con Cores Tourís

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, para analizar os detalles finais do proxecto das futuras sendas da PO-308 ao seu paso pola parroquia de Raxó.

Na reunión estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.

A Xunta de Galicia xa marcou no seu día os terreos que serían necesarios para poder executar o proxecto das sendas, comprometéndose o concello a facilitar á Consellería de Infraestruturas os que foran de propiedade privada.

Con este proxecto, darase un paso máis para garantir a seguridade viaria nesta estrada, despois da execución de varia melloras ao longo de 2015 como a instalación de sinalización vertical e horizontal, de bandas sonoras e de asfaltado antideslizante.

O alcalde prantexou hoxe varias dúbidas en relación aos terreos que se necesitan poñer a disposición, en concreto, sobre as medidas dos mesmos. As obras suporán uns 200 metros cesión de terreos, a execución de dous muros de contención e a creación dunha pasarela elevada na curva da baixada á praia de Fonte Maior.

Por este motivo, o xefe territorial de Infraestruturas anunciou que visitará a zona in situ, para aclarar estas dúbidas xunto aos técnicos da Axencia de Infraestruturas, e aproveitará tamén para escoitar unha demanda presentada por varios veciños para habilitar zonas de xiro nesta zona.

O escrito demanda acceso para as casas que se atopan no marxe esquerdo da PO-308 na dirección Pontevedra- Sanxenxo, así comp ara os que xiran cara a Pontevedra no marxe dereito, entre os puntos quilométrico 6,7 na intersección co Camiño da Escola e 7,200 na intersección coa estrada de acceso á Casa de Turismo rural Travesía Praia. Consideran os veciños afectados que se necesita habilitar algún punto máis con posibilidade de xiro.

O Goberno galego desenvolve así o plan de traballo acordado o ano pasado coa corporación municipal, e ratifica o compromiso adquirido coa mellora da estrada PO-308. Nos últimos anos a Xunta actuou nesta estrada, incluso de urxencia cando foi necesario, con máis de 1,5 millóns de euros investidos en obras como a mellora de seguridade viaria entre o PQ 4+200 e 7+600, cun investimento de 1,4 millóns de euros (mellora de insterseccións na zona de Combarro); ou a renovación da capa de rodadura na denominada “curva dos cotos” entre os PQ 13+040 e 13+840, cunha achega de 260.000 euros.

8 de febreiro de 2016 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.