publicidade hoxe

Concurso de Orellas e Filloas no Ateneo Santa Cecilia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Como é tradicional no Entroido, o Ateneo Santa Cecilia colabora co Concello de Marín na organización dun Concurso de Orellas e Filloas que se celebrará mañá, Martes de Entroido, no local da entidade. A cantidade mínima de orellas e/ou filloas que deberán presentar os participantes en horario de 18:00 a 19:00 horas, é de trece unidades.

Os nomes dos participantes, xunto co seu enderezo e número de teléfono, deberá indicarse nun sobre pechado, acompañando cada elaboración. A preparación das filloas e das orellas poderá facerse segundo o criterio das concursantes, pero presentándose sempre na súa forma tradicional.

As lambonadas presentadas a certame quedarán en poder da entidade organizadora, que se reserva o dereito de distribuílas entre o público asistente, trala deliberación. O Xurado estará formado por persoas designadas pola Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia. O fallo darase a coñecer mañá martes a partir das 20:00 horas.

Os premios, nas dúas categorías, consistirán nun Lacón e uns grelos para o primeiro clasificado; unha cacheira e uns grelos para o segundo premio; e chourizos e grelos para o terceiro.  

8 de febreiro de 2016 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.