publicidade hoxe

Comezan as degustacións das xornadas gastronómicas “Padrón sabor a lamprea”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+

Xa está aquí o prato forte das “II Xornadas gastronómicas, Padrón sabor a lamprea”, organizadas polo Concello padronés para exaltar un dos seus mellores produtos culinarios.

Este fin de semana, ao longo dos días 19, 20  e 21,e o seguinte, os días 26, 27 e 28 de febreiro,dez restaurantes de Padrón ofrecerán nas súas cartas menús especiais desenvolvidos a base de lamprea. Serán elaboracións distintas en cada establecemento que engadirán un amplo número de posibilidades para todos os padais.

Desta forma, o “menú lampreeiro”, como se denomina esta iniciativa, poderá degustarse polo prezo de 25 euros nos establecementos padroneses, logo de reserva,O Secreto de M&M, Restaurante Scala, Restaurante ChefRivera, Casa Farrucán, Os Carrisos, O Alpendredo Louro, Restaurante A Casa dos Martínez, Restaurante Parrillada Flavia, Restaurante Casa Eduardo e Bar Cafetería H20.

Obradoiros

A II edición das “Xornadas gastronómicas, Padrón, sabor a lamprea” acollerán os obradoiros “Cociña a túa lamprea”, nunha edición para nenos e nenas que terá lugar o sábado 27 de febreiro, ás 11.00 horas, e outro para adultos, que se desenvolverá ás 16.30 horas do mesmo día.

Durante esta xornada o mercado de abastos da vilapadronesaacollerá un showcookingarredor da lamprea a partir das 18.30 horas. 

Dentro das actividades das Xornadas, o día 21, está previsto que se realice polo río Ulla a “Ruta de rafting lampreeira”, mentres que o 26 de febreirodesenvolverasena Fundación Pública Galega Camilo José Cela o coloquio “Experiencias únicas: a captura e cociña da lamprea”.

Actividades nas escolas

Este ano, ademáis, a actividadeamplíase á contorna escolar a través de distintas iniciativas de divulgación como contacontos, cun relato baseadona migración da lamprea para o desove.

Tamén está prevista a emisión dun vídeo divulgativo sobre a lamprea, cedido polo Museo Arbo (Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo), e a realización doutras practicas didácticas que se desenvolverán de xeitomáis lúdico, por medio de xogos e actividades dinámicas.

17 de febreiro de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.