publicidade hoxe

Comeza a instalación dos equipamentos finais do novo pavillón do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Os elementos finais que restaban para rematar o pavillón foron recibidos na mañá de onte. Trátase das canastras de baloncesto, as porterías para fútbol sala e unha serie de marcadores manuais precisos para o desenvolvemento das distintas competicións deportivas. Tense comezado de inmediata a montaxe destes elementos polo que se agarda que nun par de días xa poidan estar dispoñibles. Todo isto contribúe a que esta nova instalación poida estar xa a pleno rendemento e atenda o alto grao de ocupación que xa está mantendo e ás demandas dos usuarios.

17 de febreiro de 2016 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.