Chega ao Teatro Colón a adaptación do éxito de Agatha Christie ‘10 Negritos’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

Cargada de misterio e suspense chega ao Teatro Colón un dos textos máis emblemáticos de Agatha Christie ‘10 Negritos’, todo un éxito que bateu todos os récords de lectores e espectadores. Poderá verse o venres 12 de febreiro ás 21:00 horas e o sábado 13 ás 19:00 e ás 22:00 horas. O luns 8 damos a benvida ao Entroido coa proxección do clásico underground ‘The Rocky Horror Picture Show’ en versión Sing-Along con animadores para que o público interaccionar coa película.

Escrito en 1939 ‘10 Negritos’ forma parte da lista dos libros máis vendidos de todos os tempos. A versión teatral estreouse en España en só tres ocasións dende a súa estrea en Londres na década dos 70. Baixo a dirección de Ricard Reguant e a produción de Enrique Cornejo esta posta en escena presenta unha estética máis contemporánea cunha clara influencia dos Mad Men televisivos.

Mónica Soria, Antonio Ponce, Quim Capdevilla, Carla Hidalgo, David Zarzo, Carlos Segui, Antonio Martínez Muñoz, Eva Torres, Pablo Viña e Antonio Albella dan vida aos personaxes desta historia. A obra preséntanos a dez persoas pechadas nunha illa, ao pouco iremos descubrindo quen deles son vítimas ou asasinos.

Esgotadas as entradas para o ‘Cabaret Místico’ de Alejandro Jodorowsky

O polifacético artista Alejandro Jodorowsky impartirá este venres 5 e sábado 6 ás 20:30 horas ‘Cabaret Místico’, un taller social no que convida ao público a participar nunha experiencia orixinal e sanadora. As entradas están esgotadas.

A partir de exercicios prácticos e sinxelos aportará aos asistentes recursos e coñecementos para derribar as barreiras de bloqueo, inseguridade e medo instaladas en cada un de nós de xeito consciente e inconscientes.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

3 de febreiro de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.