publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Carnota suspende todas as actividades programadas para o Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

O Concello de Carnota tiña un amplo programa de Entroido que comezaba o venres 5 e remataba o martes 9, cunha festa infantil de disfraces e un concurso de regueifas (venres pola tarde), unha caravana de inspectores turísticos polas parroquias (sábado e domingo) e a queima do Entroido en Caldebarcos (martes).

 Todas estas actividades quedan suspendidas en solidariedade coa familia do noso veciño, Paulino Fiúza (Lino do Corbeiro), e porque mentres non se saiba do seu paradoiro o Concello quere participar e axudar na súa busca.

Mandamos todo o noso apoio á familia e amigos e animamos a todas as persoas que poidan a seguir colaborando nas batidas para poder atopalo canto antes.

2 de febreiro de 2016 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.