Caen as primeras nevadas nos puntos altos de Palas de Rei

Neve en Palas de Rei
A mañá do xoves 18 de febreiro, amencía cun fino manto branco de neve nos puntos superiores ós 500 metros de altitude do municipio de Palas de Rei. Trátase da primeira nevarada do ano que se deixa notar con especial íntesidade en Palas de Rei. As zonas altas das parroquias de Merlán, San Xorxe e Ferreira caracterizábanse, pola neve que unida as placas de xeo na estrada obrigaba os vehículos a circular con maior precaución do normal, mentres que, os romeiros que facían o Camiño Primitivo a Santiago desfrutaban dunha peculiar paisaxe branca. Outras zonas do municipio como a Serra do Careón tamén amencían cubertas de neve.