Bueu conmemora o Día de Rosalía este mércores cun recital poético
Este mércores, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro, que conmemora os 179 anos do nacemento da poeta galega. Con este motivo, a Concellaría de Normalización Lingüística, dirixida por Silvia Carballo, organiza un recital poético aberto a partir das 20 horas na sala Amalia Domínguez Búa. O recital será aberto para todos os que desexen participar, polo que se anima aos buenenses a achegarse e ler poemas rosalianos, para que a figura de Rosalía se manteña e non caia no esquecemento.











