Besteiro móstrase tranquilo ante a investigación xudicial sobre a recualificación de terreos en Fixós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse este xoves “absolutamente tranquilo” ante a investigación xudicial sobre a recualificación duns terreos en Fixós, nas inmediacións do campo de golf de Lugo, para construír chalés.

Así o dixo ao ser preguntado en rolda de prensa sobre o que o voceiro de Alternativa Cidadá de Esquerdas (ACE) no Concello de Lugo, Carlos Portomeñe, definiu como “o maior pelotazo urbanístico” da cidade.

Ademais, o xefe de filas do PSdeG remitiuse ás explicacións dadas polo Goberno local despois de que o xulgado de instrución número dous de Lugo emitise unha providencia para pedir ao concello que identificase os concelleiros de Urbanismo entre os anos 2005 e 2010, entre os que figura el mesmo.

Ao respecto, o voceiro do Goberno lucense, o socialista Miguel Fernández, defendeu que “o plan se aprobou no seu momento con total transparencia, con rigorosidade” e que “se”fixo de forma legal e co procedemento correcto”.

4 de febreiro de 2016 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.