publicidade hoxe

Benestar informa das axudas autonómicas para familias con menores de tres anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Traballo e Benestar do Concello informa ás familias do municipio sobre a apertura do prazo de solicitude das axudas de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos convocadas pola Xunta de Galicia. As prestacións ascenden a 360 euros anuais por cada fillo ou filla que a 1 de xaneiro de 2016 non tiveran cumpridos os tres anos, e as familias interesadas dispoñen de prazo ata o 7 de marzo para presentar as súas solicitudes, trámite que poderán realizar nonas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social ou no Concello, dirixíndose ao departamento de Igualdade.

A percepción desta axuda está condicionada polo requisito de que nin o solicitante nin ningún outro membro da unidade familiar estea obrigado a presentar a declaración da renda por razón dos ingresos do período entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016. Tampouco poderán solicitar as axudas as familias nas que algún membro, aínda non estando obrigado a presentar a declaración da renda, o tivese feito de xeito voluntario.

Os beneficiarios desta prestación económica por pagamento único poderán ser as persoas que teñas fillos ou fillas nados entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016. No caso de familias que tivesen adoptado ou acollido a un neno entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data de resolución xudicial ou administrativa que a declare. Nos casos de separación ou divorcio, poderanse beneficiar da axuda o pai ou nai que teña a custodia do cativo.

Tamén se poderán beneficiar da axuda os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que teñan a condición de contribuíntes e cumpran as condicións fixadas na Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será de 360 euros cando sexa a primeira filla ou fillo, de 1.200 se é o segundo e de 2.400 se é o terceiro ou sucesivos.

A orde que regula a concesión destas axudas publicouse no DOG do 27 de xaneiro de 2016. Nesta orde figuran a totalidade dos requisitos a cumprir, a documentación que é preciso presentar, así como o formulario para presentar as solicitudes.

1 de febreiro de 2016 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.