Belén do Campo reúnese cos representantes da asociación Slow Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Belén do Campo na reunión con Slow Compostela

Belén do Campo na reunión con Slow Compostela

A directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, recibiu esta mañá á asociación Slow Compostela, que quere implantar a filosofía Slow Food en Santiago de Compostela e a súa área.

A presidenta de Convivium Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo Abalo, e o seu vicepresidente, Víctor Bourzas, explicáronlle á representante da Consellería do Medio Rural a súa intención de poñerse en contacto tanto con produtores como con comerciantes e hostaleiros para que se sumen a esta iniciativa, que promove unha alimentación san e xusta para todos, ademais dos produtos de proximidade. A portavoz mostrouse receptiva a esta idea e estudará a colaboración do Goberno galego para contactar cos colectivos implicados.

24 de febreiro de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.