As ondas superan os 10 metros en Estaca de Bares e chegan por enriba de 8 na Coruña
A alerta vermella por temporal na costa galega estase a deixar notar dende primeiras horas da tarde deste luns, con ondas que superan os 10 metros en Estaca de Bares e de máis de oito metros na Coruña.
Segundo os datos das boias de Portos do Estado, pasadas as 17,00 horas a ondada na zona de Estaca de Bares, no norte de Galicia, superaba os 10 metros de altura; mentres que nas Illas Sisargas roldaba os nove metros.
A boia de Punta Langosteira, pola súa banda, rexistraba á mesma hora ondas de máis de 9 metros e medio e os datos de propagación ata a costa da cidade da Coruña informaban dunha ondada por enriba dos oito metros.











