As familias con nenos na escola infantil poden renovar a praza para a partir do 1 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O departamento de Servizos Sociais da Concellería Benestar informa de que o período para reservar praza na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía para o vindeiro curso escolar abrirase o 1 de marzo para os alumnos que xa sexan usuarios este ano e que desexen continuar. As familias nesta situación dispoñen ata o día 11 de marzo para facer o trámite. A mediados dese mesmo mes abrirase un novo prazo específico para os alumnos que pretendan acceder ao centro por primeira vez.

Para realizar a reserva, os interesados deberán recoller os formularios de solicitude na propia Escola Infantil da Lomba , onde tamén lles informarán da documentación que deben achegar. Os impresos tamén se poden imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal. Unha vez cubertos deberán presentarse no rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 08:30 a 14:30 horas.

17 de febreiro de 2016 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.