publicidade hoxe

Ares celebra o mércores de Entroido con actividades lúdicas e a tradicional queima na praia da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

Tras o rotundo éxito de participación acadado nas celebracións do Entroido da fin de semana, o municipio de Ares celebra mañá, Mércores de Cinza, o derradeiro día do Entroido, declarado pola corporación municipal festivo local.

Esta xornada festiva comezará ás cinco da tarde, coa concentración diante do Centro de Saúde das carrozas da Asociación cultural O Tilo e os entroidos que participen no desfile, que partirán cara a praza da Constitución.

Unha vez chegados a este punto, sobre as 17.30 horas, haberá unha sesión de zumba baixo carpa destinada a público de tódalas idades. Tras esta actividade de animación, tocaralle o turno á degustación popular  de orellas e chocolate quente.

A festa rematará coa tradicional queima dos entroidos, que como todos os anos desenvolverase na praia de Ares. Con este acto, que terá lugar ás oito e media da tarde, darase por rematado o Entroido do municipio.

9 de febreiro de 2016 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.