Apróbase o convenio coa EOI grazas ao que máis de 260 lucenses recibirán apoio gratuíto para crear unha empresa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Xunta de Goberno Local deste mércores aprobou, tal e como xa avanzara a Alcaldesa, Lara Méndez, o pasado venres, o convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) grazas ao cal se ofrecerá apoio integral, individualizado e personalizado de xeito gratuíto a máis de 260 lucenses para pór en marcha con éxito á súa empresa, asegurando a súa viabilidade tanto técnica como financeira. Trátase do plan Inicia Coworking, que se desenvolverá a través do CEI Nodus.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, lembrou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que, unha vez aprobado o convenio, procederase a súa sinatura coa EOI co fin de que esta entidade poida facer os trámites oportunos co fin de comezar o programa, que o Concello estima que poderá arrancar no mes de abril co proceso de selección de proxectos.

Na sesión deste mércores aprobouse o gasto de 80.000 euros para o exercicio do 2016 no marco deste convenio, cuxo orzamento total é de 800.000 euros, dos cales a Escola de Organización Industrial achega o 80%, é dicir, 640.000 euros –que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo- e o Concello, o 20% restante (160.000 euros de fondos propios). 

Mesa de Estudo do Plano Guía da Cidade

Na sesión deste mércores, a Xunta de Goberno aprobou o nomeamento dos representantes locais na Mesa de Estudo do Plano Guía da Cidade, unha mesa que ten como finalidade acordar, de xeito consensuado e plural, os nomes das rúas de Lugo. Deste xeito, formarán parte desta mesa os concelleiros Miguel Fernández, Antonio Ameijide, Santiago Fernández Rocha, Tareixa Antía Ferreiro, Olga Louzao e Carlos Portomeñe. 

Consellos Escolares

A Xunta de Goberno tamén acordou nomear os representantes do Concello nos consellos escolares dos centros educativos do municipio.

A composición é a seguinte:

CEIP Alberios

Representante: María del Carmen Penelas

Suplentes: resto de concelleiros por orde de candidatura

CEIP Anexa

Representante: Carlos Portomeñe

CEIP A Ponte

Representante: Daniel Piñeiro

CEIP Virxe da Soidade (As Gándaras)

Representante: Santiago Fernández Rocha

Suplente: Cristina Pérez Herraiz

CEIP As Mercedes

Representante: Santiago Fernández Rocha

Suplente: Cristina Pérez Herraiz

CEIP Casás

Representante: Manuel Núñez

Suplente: Daniel Piñeiro

CEIP Illa Verde

Representante: Jesús Expósito

CEIP Luis Pimentel – A Piringalla

Representante: María del Carmen Penelas

Suplentes: resto de concelleiros por orde de candidatura

CEIP Menéndez Pelayo

Representante: Ana González Abelleira

Suplente: Daniel Piñeiro

CEIP Manuel Mallo (Nadela)

Representante: María del Carmen Penelas

Suplentes: resto de concelleiros por orde de candidatura

CEIP Paradai

Representante: María del Carmen Penelas

Suplente: resto de concelleiros por orde de candidatura

CEIP Rosalía de Castro

Representante: Rosana Rielo

Suplente: Daniel Piñeiro

EEI Fingoi 2

Representante: Jesús Expósito

CEIP Quiroga Ballesteros

Representante: Olga Louzao

CEIP Sagrado Corazón

Representante: María del Carmen Penelas

Suplente: resto de concelleiros por orde de candidatura

No IES Ánxel Fole, Muralla Romana, As Mercedes, no Centro de Adultos, no instituto Poeta Manuel Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Politécnico de Lugo, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoán Montes, Sanxillao; así como no colexio Cervantes, Divino Maestro, Maristas, Divina Pastora, Milagrosa, María Auxiliadora, Padres Franciscanos, San José e na Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón, na Escola Oficial de Idiomas, no Conservatorio Profesional de Música e de Danza e no Centro de Educación Especial Santa María, o representante será Manuel Núñez, con  Daniel Piñeiro como suplente. 

3 de febreiro de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.