publicidade hoxe

Aprázase o desfile-concurso de Entroido da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda decide aprazar o Desfile-Concurso de Entroido da vila por mor das malas condicións climatolóxicas. As previsións de chuvia fan que sexa necesario aprazar esta actividade.

A organización informa que este desfile se celebrará a próxima fin de semana, do sábado 13 ou domingo 14 de febreiro. A data será comunicada nos próximos días.

A pesar de que o desfile está aprazado mañá martes na carpa da Alameda dende as 18 horas haberá música da man da orquestra YUKATAN. 

O Concello da Guarda quere pedir desculpas polas molestias.

8 de febreiro de 2016 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.