publicidade hoxe

Actividades de entroido infantil na praza Massó e inicio do mercado de Entroido na praza de Abastos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu continúa coa súa programación de Entroido facendo fronte ás inclemencias do Entroido. Mañá xoves, de 17 a 19 horas desenvolverase o Entroido Infantil, na carpa da Praza Massó, que incluirá obradoiros, xogos e animación, e que está organizado pola concellaría de cultura en colaboración co Club Golfiños.

Pola súa banda, o venres ás 10 horas abrirase o Mercado Temático de Entroido, organizado pola concellaría de Promoción Económica e Turismo, e que contará con oito expositores de produtos típicos destas datas, ademais de varias actividades. Ás 17 horas, no 1º andar da Praza de Abastos, as praceiras Ángeles e Fita impartirán o obradoiro / degustación de “chulas de butefa” dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.  No marco do mercado, ás 19 horas, o grupo “Polo correo do vento”, especializado en contar historias con contos e ilustracións, será o encargado de amenizar aos máis pequenos con maxia. Durante o venres, o horario de apertura dos expositores será de 10 a 14 horas e de 16 a 20.30 horas, e estarán A Bicha Panadería, Bodegas Lodeiros, A tenda da Gata, A despensa na terra, A Jata Pelexa Horta Eco, A Horta de Teodoro, Doces de Entroido, Albariza do Ferreiro e Obrador de Lamprea.

Ás 21 horas, o Centro Social vai acoller o XXXV Festival de Comparsas, organizado polo Bueu Atlético Balonmán, e para o que xa están esgotadas as entradas.

Exposicións no Centro Social sobre o Entroido

Ata o 14 de febreiro, o Centro Social ten abertas dúas exposicións sobre “A historia do Entroido en Bueu” e “Concurso de carteis de Entroido”, que se poderá visitar ao longo de todo o día.

10 de febreiro de 2016 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.