publicidade hoxe

Achan a unha parella morta en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPorto do SonSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil localizaron este venres os cadáveres dun home e dunha muller de mediana idade nun domicilio da localidade coruñesa de Porto do Son. Segundo confirmaron fontes próximas á investigación, foron os axentes os que localizaron a media mañá os corpos nunha vivenda situada na parroquia de Santa María de Xuño, despois de que un familiar da muller falecida alertase de que non sabía nada dela desde facía días.

Os falecidos son unha muller de 57 anos, R.R.R., e un home duns 50 anos. O cadáver da muller atopábase no exterior da vivenda e o do home dentro da casa. A Garda Civil atópase aínda inspeccionando a zona para tratar de esclarecer as causas do suceso e até a vivenda desprazouse tamén o forense para levantar os corpos. Os cadáveres están a ser trasladados até Santiago de Compostela para practicarlles a autopsia.

19 de febreiro de 2016 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.