Aberto o prazo de inscrición para a IV edición do plan de formación continua en demencias de AFACO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) pon en marcha, o vindeiro luns 15 de febreiro, a IV edición do seu plan de formación continua en demencias, dirixido a coidadores familiares e a coidadores profesionais interesados en actualizar os seus coñecementos na materia.

Este plan formativo componse de oito sesións –de dúas horas e media de duración cada unha de elas– nas que diferentes especialistas abordarán de forma práctica aspectos médicos e xurídicos fundamentais na atención de persoas afectadas dalgún tipo de demencia. Tamén se impartirán dous talleres de fisioterapia.

O prazo de inscrición permanece aberto até o vindeiro xoves 11 de febreiro.

A asistencia é gratuíta para as persoas socias de AFACO, así como para os voluntarios da entidade, e ten un custo único de 52 euros para os non socios. 

8 de febreiro de 2016 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.