Abel Caballero: “O que diga Rita Barberá, a min dáme exactamente igual”
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, eludiu pronunciarse este venres sobre as manifestacións realizadas pola exalcaldesa de Valencia, Rita Barberá, quen criticou que se pedise a súa dimisión e non a do rexedor olívico, que está investigado nun proceso xudicial.
A preguntas dos medios sobre esta cuestión, Caballero proclamou que non valora as declaracións de Barberá que, por outra banda, sinalou, “nin sequera” coñece “ben”. No entanto, si que precisou: “O que diga Rita Barberá, a min dáme exactamente igual”.
A exalcaldesa, nunha comparecencia ante a prensa o xoves, arremeteu contra quen piden a súa dimisión (polos casos de corrupción do seu partido en Valencia), e sinalou que a están tratando “con maior crueldade” que a outros políticos como Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou a José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSOE en Galicia, que “loce catro imputacións”, segundo lembrou.











