ABANCA e a Asociación de Empresarios Ferrolterra fixan fórmulas para impulsar os proxectos na comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

ABANCA e a Asociación de Empresarios Ferrolterra acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes da comarca.

O presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, José Ramón Franco Caaveiro, e o director de zona de ABANCA en Ferrol/Ortegal, Rafael Enrique Montero Rey, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de Galicia.

Para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes do novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantánea de produtos e servizos.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Dende as oficinas de ABANCA tamén facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación da Coruña, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

Os profesionais pertencentes a esta asociación poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A Asociación de Empresarios Ferrolterra naceu no ano 1992 e agrupa os intereses de empresas de Ferrol, Eume e Ortegal, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores industriais e de servizos, entre outros. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

1 de febreiro de 2016 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.