A Xunta licita as obras de mellora de seguridade viaria en 4 estradas da provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora de seguridade viaria en catro estradas da provincia de Ourense (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160217/AnuncioG0181-110216-0001_gl.html), ás que destinará un investimento de máis de 740.000 euros e que que beneficiarán a 7 concellos ourensáns.

As actuacións que levará a cabo a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, centraranse na avenida López Blanco (OU-531) e na de San Rosendo (OU-540), ao longo de 1,4 quilómetros, que contarán cun investimento de máis de 226.000 euros, ademais das accións na OU-304 e na OU-301 noutros municipios da provincia, onde se traballará ao longo de 11,2 km.

Remarcar que Goberno galego está a avanzar un novo paso nunha materia prioritaria como é a seguridade viaria, ademais de apostar polo interior de Galicia, ao tentar mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos, independentemente do lugar onde vivan.

17 de febreiro de 2016 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.