A Xunta inicia unha nova fase de execución do enlace da autoestrada A Coruña-Carballo coa autovía da Costa da Morte
A Xunta iniciará o vindeiro luns a segunda fase da execución do enlace da autoestrada A Coruña- Carballo (AG-55) coa autovía da Costa da Morte, continuando así cos traballos xa comezados recentemente. Para avanzar nestas actuacións será preciso desviar o tráfico da AG-55 en ambos sentidos da circulación por un ramal executados na marxe dereita sentido A Coruña, entre os puntos quilométricos 35+000 e 35+500.
Estes traballos son necesarios para realizar o movemento de terras, drenaxe, firmes e sinalización e balizamiento do enlace de Carballo e da continuación da autoestrada existente coa de nova construción.
Nas últimas semanas foi preciso, nunha primeira fase, afectar ao tráfico precisamente para a construción dese ramal e os seus entronques. Durante os últimos días o tráfico estivo desviado pola calzada sentido Carballo da AG-55.
No plano adxunto como “Plano 1” amósase a situación deste treito a partir do luns: durante esta fase o tráfico circulará polo ramal executado na fase I, quedando a AG-55 cortada neste tramo. No plano adxunto como “Plano 2” achégase o resultado final destes traballos que se están a executar.