A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aproba subvencións por máis de 131.000 euros en 9 concellos da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

No marco do Plan Concellos, o novo modelo da institución provincial que converte os municipios en protagonistas, a Deputación de Pontevedra está a poñer a disposición dos 60 concellos da provincia 40 millóns de euros distribuídos en catro liñas de axuda: investimentos, necesidades de gasto corrente, actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e axudas para financiar o emprego.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a terceira relación de subvencións para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais incluídas na liña 3 do Plan Concellos, beneficiando a nove municipios da provincia: Barro, Cangas, Covelo, Marín, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén e Salceda de Caselas, que recibirán máis de 131.000 euros. Con esta terceira relación de subvencións son xa máis de 572.330 euros os destinados, dentro desta liña, a 33 concellos da provincia de Pontevedra.

En dous meses de 2016 a institución provincial repartiu xa máis de 10.131.000 euros, é dicir, máis do 25 % do total do Plan Concellos.

29 de febreiro de 2016 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.