publicidade hoxe

A Xunta aboará 2,9 millóns de euros aos propietarios dos terreos expropiados para o parque empresarial da Reigosa, en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

A Xunta, a través da sociedade pública Xestur, aboará este mes 2,9 millóns de euros aos propietarios dos terreos expropiados para o parque empresarial da Reigosa, en Ponte Caldelas. Esta proposta, entre outras, veñen de autorizarse no Consello de Administración de Xestur.

Posteriormente, nos meses de maio e agosto de 2016 aboaranse os intereses, ascendendo a máis de 1,51 millóns de euros. O abono realizarase en dous pagos do 50 por cento da contía dos xuros. En total Xestur pagará á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Reigosa máis de 3,95 millóns de euros.

Mos

Por outra parte, o consello de Administración vén de acordar que o sector do automóbil sexa considerado estratéxico no parque empresarial da Veigadaña, permitindo que as empresas deste sector se poidan beneficiar da adxudicación en dereito de superficie sen necesidade da declaración de proxecto empresarial singular.

As empresas do sector da automoción poderán acceder a 166.000 metros cadrados de solo industrial a cambio dun canon anual simbólico no parque empresarial de Mos.

Os adxudicatarios de solo en dereito de superficie comprometeranse a edificar as súas instalacións e obter a licenza de actividade nun prazo máximo de tres anos dende a formalización da adxudicación.

O canon a pagar cada ano polo solo adxudicado en dereito de superficie é o seguinte:

• 1 ano de carencia, si se solicita.
• 1,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos
• 2,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos
• 3,5% do prezo de venda da parcela no resto do período de vixencia da concesión.

4 de febreiro de 2016 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.