A tripulación do Burla Negra desembarca o martes na Noite Pirata do centro histórico de Pontevedra
A Concellería de Festas anuncia que por mor da previsión de mal tempo maña trasladarase do Entroido Infantil desde A Ferrería ao Recinto Feiral. Porén o traslado a Festa Pirata dos nenos e nenas manterá a súa programación de animación con Rivel e varios Djs.
Mañá, 9 de febreiro, desembarcará no centro histórico a tripulación do barco “Burla Negra”, os homes de Benito Soto, coñecido para a historia como o pirata a Moureira.A Asociación Combrus e Troula serán os encargados da recreación e de animar aos pontevedreses e pontevedresas a sumarse a Noite Pirata. Unha animación polas rúas e prazas da cidade na que estarán as comparsas Os da Cana, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Val do Lérez, Equipo Ja e Vamos a Todo.
Os piratas serán mañá os donos do cidade, na que tamén abrirase oco a celebración da XXI Festa da Filloa, Concurso de Filloas na Casa da Luz.
Programación Entroido. Martes, 9 de febreiro.
10.00 a 20.00 horas. Campamento Urbán Entroido Pirata. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil (praza Curros Enríquez ou telf. 986-851670)
16.30 horas. XXI Festa da Filloa, Concurso de Filloas. Casa da Luz
17.00 horas. Recinto Feiral. Festa Pirata do Entroido Infantil. Animación con Rivel e Djs
22.00 horas. Desembarco da tripulación do Burla Negra no casco histórico. Únete ao Pirata da Moureira.











