A Sociedade Ximnástica logra tres medallas no galego de probas combinadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Os atletas da Sociedade Ximnástica, volveron subir ao alto do podio no Campionato de Galicia individual de probas combinadas que se celebrou en Lugo. O balance é máis que satisfactorio con tres medallas, dous ouros e un bronce.

De novo Santi Ferrer volveu repetir título na combinada absoluta do Heptatlon masculino, non fixo unha das súas mellores marcas, pero os 4.517 puntos que totalizou bastáronlle para levar o ouro e ademais acompañoulle no podio o atleta pontevedrés Alex Solla coa medalla de bronce.

O outro metal dourado foi para Marco Martínez no Hexatlon masculino cadete, que con 3.292 puntos quedou a tan só 8 puntos da mínima para o Campionato de España da categoría.

Poderían ser máis preseas xa que María Jiménez con 2.332 puntos no Pentatlon Cadete feminino quedou ás portas da medalla de bronce cun cuarto posto e Paula Martín non puido completar o Pentatlon feminino Promesa, por empezar a sentirse mal antes da última proba de 800 metros.

Tamén se celebrou simultaneamente o Campionato de Galicia de 60 metros e 60 metros valas e aínda que a Ximnástica non conseguiu medallas, hai que resaltar os quintos postos de David Ferrer nos 60 metros lisos e Alex Solla nos 60 metros valas.

Bos resultados da Sociedade Ximnástica en Santiago 

As pistas universitarias de Santiago de Compostela acolleron un Control de marcas organizado pola Federación e que contou cunha numerosa participación de atletas da Sociedade Ximnástica.

Aínda que non se conseguiu ningunha vitoria parcial, do programa de probas celebradas, hai que destacar os segundos postos de Adcla Ardao nos 1.000 metros feminino e Kaoutar Fami nos 3.000 metros feminino; ademais dun total de 6 terceiros postos, un de Eva Salvado nos 200 metros feminino, outro de Rocío Rodríguez nos 1.500 metros e os outros catro restantes na categoría masculina, Jon Alonso e Andrés Arousa, nas probas de velocidade, 200 e 400 metros, respectivamente; Bedilu Mendoza no quilómetro e Marcos López no salto de altura.

8 de febreiro de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.