A Sociedade Ximnástica foi a máis laureada no Campionato de Galicia de lanzamentos longos
As especialidades atléticas de lanzamento de xavelina, disco e martelo; tiveron o seu Campionato de Galicia de inverno nas pistas de atletismo do CGTD. Foi a primeira oportunidade para que a elite galega gozase das remodeladas pistas de atletismo de Pontevedra, tras o cambio do piso sintético, que se realizou o pasado verán.
A Sociedade Ximnástica disputou un gran campionato cultivando 5 medallas, das que 1 foi de ouro, 2 pratas e 2 bronces.
Loreto Brea venceu na proba de lanzamento de martelo; Ángeles Filgueira levou a prata no lanzamento de xavelina; Víctor Gallego foi segundo no disco, acompañándoo no podio Javier Guzmán coa medalla de bronce e o quinto metal foi para Sergio Paredes cun bronce no lanzamento de martelo masculino.
David Rocha leva o título de Campión Galego de Pentatlon de lanzamentos de Veterano
O especialista de lanzamento de martelo da Sociedade Ximnástica, David Rocha, participou no Campionato de Galicia de Pentatlon de lanzamentos da súa categoría veterana de maiores de 35 anos, consistente nos 4 lanzamentos, ao que se xunta outra proba de lanzamento de martelo pero coa bóla de 15 kg e que se disputou en Pontevedra. Conseguindo a medalla de ouro.
É a primeira vez que Galicia disputa un Campionato que xuntou a unha ducia de atletas das diferentes categorías Veteranas.
Conxuntamente disputouse un Control de marcas no que os atletas da Ximnástica realizaron bos rexistros, destacar á cadete Iria Filgueira que con 40,05 metros no lanzamento de martelo, conseguiu a marca de cualificación para o Campionato de España; tamén Joselyn Brea bateu o record da Ximnástica na carreira feminina de 1.500 metros, unha marca que levaba 22 anos vixente, deixándoa en 4.26.55.
Outros bos resultados foron de Ángel Vargas con 22.81 nos 200 metros, conseguindo a marca de cualificación para o nacional Júnior de pista cuberta; o mesmo que Adrián Lago que con 3.58.30, nos 1.500 metros tamén se clasifica para o nacional Sub20.











