A selección galega de técnica participará o sábado no Open de Esposende
A selección galega de técnica participará este sábado 6 de febreiro no 8º Open de Poomsae de Esposende (Portugal). Galicia estará representando este torneo por un completo equipo de 33 deportistas de todas as categorías (cadete, júnior, sénior e máster). Este open, organizado polo Club de Taekwondo Esposende, celebrará a súa oitava edición e contará coa participación duns 260 deportistas pertencentes a 16 clubs. A selección galega partirá o mesmo sábado en autobús dende Vigo e Ourense.











