A provincia de Ourense verase beneficiada con 4,4 millóns de euros do Plan marco de mellora de camiños municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A provincia de Ourense verase beneficiada con 4,4 millóns de euros do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016. Así o destacou esta mañá na Delegación Territorial o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado pola delegada territorial, Marisol Díaz.

Antonio Crespo sinalou que estas achegas permitiranlle os concellos dispor dun orzamento necesario para arranxar as infraestruturas viarias, co obxectivo de facilitar a mobilidade da poboación rural. O director xeral salientou que as obras a financiar no marco deste plan serán a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.

O director xeral explicou que este plan disporá de 20 millóns de euros para toda Galicia, dos cales o 75% corresponde a fondos FEADER do novo período de programación 2014-2020, o 17,5% a fondos propios da Xunta e o 7,5% restante do Ministerio.

4 de febreiro de 2016 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.