A presidenta do PP asturiano acode a Lugo para contestar en relación á Operación Pokémon
A presidenta do PP asturiano, Mercedes Fernández, acudiu este xoves a Lugo para declarar como testemuña ante a xuíza Pilar de Lara no marco da Operación Pokémon, onde se comprometeu a “contestar a todo o que saiba” sobre o caso.
Ao fío das 10,30 horas, Mercedes Fernández chegou aos xulgados lucenses, pouco despois de que aparecese a xuíza que instrúe a Operación Pokémon, relacionada con concellos tanto en Galicia coma en Asturias nunha das súas ramas.
Pilar de Lara aprazou ata as 11,30 horas a toma da declaración, por outras ocupacións no xulgado, algo que comunicou os distintos avogados comparecidos na causa.
Antes de entrar no xulgado, Mercedes Fernández confesou que se trata dun “transo sempre difícil”, ao tempo que asegurou que acode para “colaborar coa xustiza. “Como diciamos, cando era pequena, veño a examinarme de todo o libro”, dixo.
A popular afirmou que responderá a todo o que se lle pregunte. “Por suposto vou contestar a todo o que saiba”, resolveu. Sobre se viña tranquila, Fernández dixo que “nunca é grato este transo”. “O que pasa é que se asume porque son a presidenta do PP de Asturias e vingo a prestar testemuño do que sei e coñezo”, concluíu.











