A Fundación adxudica a cafetería do campo Manuel Jiménez ao único ofertante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación Municipal de Deportes adxudicou a explotación da cafetería do campo Manuel Jiménez ao único ofertante que se presentou ao concurso. O titular da concesión é a persoa que dende hai xa tempo rexenta o bar do pavillón deportivo de Fontecarmoa, polo que xa conta con experiencia na xestión deste tipo de servizo. A cantina comezará a prestarse o 1 de marzo, xa que o adxudicatario aproveitará as próximas semanas para dotar as instalacións dos equipamentos e electrodomésticos necesarios e para facer acopio de mercancía.

A oferta realizada por Borja González Gallego cumpre todos os requisitos técnicos e económicos explicitados nos pregos de condicións, tal como se comprobou na Mesa de Contratación. O concesionario abonará un canon mensual á Fundación de 574,75 euros por prestar o servizo de cafetería co mesmo horario de funcionamento das instalacións deportivas, tal como establecen as bases do contrato.

3 de febreiro de 2016 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.