A Deputación de Pontevedra organiza trinta obradoiros sobre Novas Tecnoloxías en marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en Novas Tecnoloxías, organiza no mes de marzo 30 novos obradoiros dirixidos a autónomos e pemes. A interpretación de datos de Google Analytics, o funcionamento de LinkedIn, a inserción de publicidade en Facebook ou a elaboración de mostrarios virtuais son algúns dos temas que se abordarán nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

Os obradoiros teñen unha duración media de dúas horas e son impartidos por profesionais de recoñecida experiencia. A inscrición pode facerse a través do teléfono 886 202 020 ou da web www.cpae20.depo.es. Neste sitio tamén atoparán información detallada do contido e o horario de cada un dos obradoiros.

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) é unha rede de puntos comarcais que lles prestan servizos presenciais de información e asesoramento sobre as TIC a autónomos e micropemes, un colectivo que representa o 92 % do tecido empresarial da provincia.

29 de febreiro de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.