publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra instala o cruceiro da Gándara en Valga despois de acometer a súa restauración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraValga
A-
A+

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra instalará mañá o cruceiro da Gándara na parroquia de Cordeiro, Valga. Este cruceiro, incluído no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, foi obxecto de actos vandálicos no ano 2012 que lle ocasionaron roturas nos seus elementos. A Deputación de Pontevedra, co obxectivo de recuperar este elemento que forma parte do patrimonio cultural da provincia, destinou á restauración do cruceiro da Gándara máis de 12.000 €.

O cruceiro da Gándara, que destaca por presentar restos pictóricos dunha posible policromía, atopábase en mal estado; sufría roturas nos seus elementos debido aos actos vandálicos, así como pola afección de musgos, algas e vexetación. A Escola de Cantería, xunto coa Escola de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia, realizou tarefas de limpeza, tratamento e restauración do ben cultural, que poderá ser contemplado, novamente en todo o seu esplendor, a partir de mañá en Cordeiro, Valga.

1 de febreiro de 2016 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.